martes, 21 de novembro de 2017

Visita de Toni e Coloma

Onte visitóunos Toni co seu can-guía Coloma e compartiu con nós as súas experiencias do día a día. Gústounos moito a súa visita e aprendimos moito con eles.

!

luns, 13 de novembro de 2017

SEMANA DO MAGOSTO

CO MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO MAGOSTO, A SEMANA PASADA OS NENOS E NENAS DAS CLASES DE 5 ANOS FIXEMOS ACTIVIDADES MOI DIVERTIDAS E PASÁMOLO XENIAL! DEGUSTAMOS O FROITO MÁIS CARACTERÍSTICO DO OUTONO: A CASTAÑA.

ELABORACIÓN DO BISCOITO DE OUTONO. DEIXÁMOSVOS A RECEITA POR SE QUEREDES FACELA COS VOSOS FILLOS/AS:

INGREDENTES:                                                   ELABORACIÓN:
  • 12Castañas                                1º FERVER AS CASTAÑAS E PELALAS
    • 1 Iogur grego.                    2º BATER OS OVOS CO IOGUR. ENGADIR
  • 4 Ovos.                                            O AZUCRE E A RASPA DE LIMÓN.
  • 3 vasos de fariña.                      3º MESTURAR LEVADURA E FARIÑA E
  • 2 vasos de azucre.                          ENGADILO Ó ANTERIOR.
  • 1 vaso de aceite de girasol.       4º ENDADIMOS O ACEITE.
  • 1 Sobre de levadura.                 5º METÉMOLO NO FORNO 40MINUTOS
  • 1 Raspa de limón.                           A 180º GRADOS.  


















 FESTA DO MAGOSTO, bailamos, cantamos, corrimos e comemos MOITAS CASTAÑAS!!!





venres, 6 de outubro de 2017

O NOSO PROPIO CIRCO





Pouco a pouco as nosas clase van collendo forma, e converténdose cada día un pouco máis nun CIRCO. Entre todos e todas confecionamos distintos elementos para decorar as nosa aulas.
E moitísmas grazas ás familias por colaborar no noso proxecto, están encantados traendo cousas á escola e explicándolles aos compañeiros como o fixeron, quen llo mercou....

Entren e vexan!!



XOGANDO!!

MURAL DO CIRCO. QUE ARTISTAS!

PORTA CIRCENSE


XOGANDO DENTRO DA CARPA!
TRABALLAMOS NO CIRCO!

RECUNCHO DO CIRCO EN COLABORACIÓN COAS FAMILIAS
ENTREN AO CIRCO!
DECORANDO O FONDO DO RECUNCHO

martes, 26 de setembro de 2017

BENVIDOS E BENVIDAS AO CIRCO!!!! ALEHOP!!!

As nosas clases xa están a convertirse nun Circo, pouco a pouco imos tendo carpa, telón... e grazas a as familias temos moitos libros, imaxes, disfraces, mazas... coas que aprender moitas máis cousas sobre o fantástico mundo do circo. 

Alehop!!



luns, 26 de xuño de 2017

FESTA FIN DE CURSO 2016/17

Xa rematamos o curso 2016/17 con moitas actividades que podedes visualizar na galería da páxina web da escola http://www.edu.xunta.gal/centros/eeivilalba/galeria/
Desexamos que teñades un feliz verán e se pode ser no MAR mellor!




luns, 12 de xuño de 2017

Pescando troitas

Hai uns días, fixemos a excursión a Meira para ir pescar ao Lago de pesca de troitas Gavín. onde tamén fixemos o tentempé, para despois ir xogar ao parque de Meira.