xoves, 21 de xuño de 2018

ATA SEMPRE!!!

Foi un pracer formar parte de este grupo. GRACIAS ás familias pola vosa implicación e comprensión. Estamos moi orgullosas de estes pequenos que pronto serán grandes persoas! E recordade sempre que:
 "o mellor medio para facer bos nenos é facelos felices" (Oscar Wide).








 

martes, 15 de maio de 2018

FINAL DO CAMIÑO

Para finalizar o noso proxecto sobre o Camiño de Santiago, marchamos directos a Martiñán, para poder percorrer un pequeno tramo. Ali puidemos ver varios peregrinos, INCLUSO UN, TIVO QUE PARAR A CURAR AS SUAS FERIDAS NOS PÉS, guiámonos polas flechas, e pasamos un rato moi divertido todos xuntos.
Como bos peregrinos, tivemos que parar a repoñer forzas antes da volta a escola.









venres, 23 de marzo de 2018

EN MARZO....fixemos moitas actividades que con vós queremos compartir.

VISITA Ó ALBERGUE OS CASTROS
Convertémonos en peregrinos por un día e descubrimos donde durmen, donde comen...foi moi divertido!





 DÍA DA ÁRBORE
O 21 de Marzo celebramos o día da árbore plantando a nosa maciñeira no patio do cole. Coidarémola para que nos de ricas mazás.






Así rematanos o trimestre, no que descubrimos e aprendemos moitas cousas. 
Ata a volta!! 

 

martes, 30 de xaneiro de 2018

DÍA DA PAZ!!!

Hoxe, 30 de Xaneiro, como cada ano celebramos o día da PAZ con varias actividades, pero recordando que este é un traballo diario xa que pretendemos inculcar nos nosos nen@s valores que os fagan mellores persoas.





DE EXCURSIÓN!!!

A semana pasada fixemos dúas saídas moi interesantes, que nos gustaron moito. Pasámolo xenial e aprendemos moito!
O martes estivemos no auditorio e alucinamos co grupo de rapaces de Uganda que nos ensinaron bailes africanos.

E o xoves estivemos en Lugo no Gadis e na fábrica de leites Río.



luns, 8 de xaneiro de 2018

CHEGOU O NADAL!

Os días previos a chegada das vacacións de Nadal, os nenos das clases de 5 anos, fixemos moitas e divertidísimas actividades.

RECIBIMOS A VISITA DOS REIS MAGOS, recién chegados de Oriente, pararon na nosa escola para facernos unha visita!




Fixemos unha carta común da clase para os Reis Magos, sabedes onde se atopaba a dificultade??? FIXEMOS O TRABALLO COS OLLOS PECHADOS!!



Xa estaba todo listo para amosar aos nosos compañeiros/as das outras clases a actuación que con tanto esforzo preparamos. Fixemos galletas, unha árbore de nadal coa sua decoración, e por suposto, aprendimos as nosas frases e un baile.
O teatro levaba por nome "A qué sabe o Nadal?", e a canción que aprendimos "Vuela, vuela".


DENDE A ESCOLA, AS PROFES ESPERAMOS QUE PASÁRADES UNHAS FELICES FESTAS