martes, 29 de novembro de 2016

CONTA ATRÁS DO NADAL

Xa temos listos os nosos calendarios de advento, para facer a conta atrás do Nadal. Cada bolsiña será para un neno ou nena da clase na que levarán unha sorpresa. 

Desexamos que lles guste moitísimo!

3,2,1.....NADAL

luns, 28 de novembro de 2016

NUBINETE

O xoves 24 de novembro tivemos a visita do Anxo Moure, cunha sesión de contacontos sobre educación ambiental, titulada "Nubinete". Unha obra que os nenos non esquecerán, xa que riron todo o tempo.

 

CELEBRACIÓNS DE OUTONO

   Ao longo do mes de Novembro tivemos dúas grandes celebración, o Samaín e o Magosto. Para a primeira fixemos debuxos de cabazas, pantasmas, arañas vampiros... para adornar a clase, decoramos unhas cabazas.. O día da festa pintamos a cara, cantamos e bailamos.



   E no Magosto ademais de degustar unhas castañas que trouxeron os nenos e nenas, disfrutamos dun precioso conto que contou a nosa compañeira Maite, no cal colaboraron todos os nenos e nenas... ahí tedes o enlace para velo.

 

venres, 25 de novembro de 2016

OUTONO 2016

       Coa chegada do outono fixemos unha pequena saída para observar o cambio das árbores que hai preto da escola, aproveitando para recoller os froitos típicos desta época do ano ( castañas, landras...) tamén recollimos follas das distintas árbores, ourizos....Ó día seguinte clasificamos todo o que recollimos e plantamos unha landra e unha castaña, ahora a esperar a ver si medran!!!!


martes, 8 de novembro de 2016

BENVIDOS AO NOSO BLOGUE!!

Somos as titoras de 4 anos dunha escola de Educación Infantil. Disfrutamos moitísimo de cada actividade que facemos no cole, por iso queremos compartilas por si as podedes utilizar, estaremos encantadas de que as aproveitedes!
Agora mesmo estamos traballando nun Proxecto sobre O Espazo, para o que nos inspiramos en moitos recursos vistos na rede. Os nenos e nenas son astronautas en canto entran na aula, para iso levan o seu carné de Astronauta. Tamén fixemos un foguete espacial, unha lúa xigante, un astronauta "photocall" e un rincón do espazo para cada aula con materiais aportados polo alumnado e as súas familias.