venres, 31 de marzo de 2017

A VISITA DE SAMUEL E COMPAÑÍA

Estamos a facer intercambios letores cos centros educativos da localidade, como o CEIP Antonio Insúa Bermúdez.
Nesta ocasión veu a visitarnos Samuel con 4 compañeiros da súa clase de 6º de primaria: Ariadna, Aitana, César e Alba, todos eles antigos alumnos da nosa escola, e maila súa profesora de PT, Pili.
O conto titulábase "Carnaval" e utilizaron como axuda uns paneis con pictogramas e para poder contarnos moitas cousas máis utilizaron unha tableta coa app E-mintza . grazas a ela Samuel podíase comunicar á perfección con todos nós.

Desexando repetir! Moitas grazas pola vosa visita





luns, 27 de marzo de 2017

PRANTANDO ÁRBORES

Con motivo da 6ª Semana Escolar da Árbore e a Auga, que abrangue do 20 ao 24 de marzo de 2017. A Deputación de Lugo agasallounos cun ameneiro para prantar na Escola e máis un libro para cada alumno e alumna titulado "Eva, o trasno e o ameneiro".
O venres 24 de marzo, aproveitando a ocasión prantamos cada aula unha árbore; 2 ginkgo biloba, 2 manciñeiras e os 2 ameneiros, para prantar no novo patio. 
Ás nosas clases tocoulles prantar os ameneiros. 


xoves, 23 de marzo de 2017

FAMILIAS CON CONTO

Algunhas familias xa viñeron contarnos un conto, grazas por participar nesta actividade. Só hai que verlle a cara aos cativos!!








VANESA E O MUNDO MARIÑO

Despois de un gran traballo de recolección de distintos seres do mar na praia, este mércores Vanesa (bióloga mariña), a tía de Noa, aparaceu na escola cargada con recipientes de auga salgada con todo tipo de bechos: estrelas de mar, anémonas, cunchas, caracois de mar, lebre de mar, lapas...
Dividimos ao alumnado por grupos de idade, e pudieron ver, tocar, ulir e escoitar moitísimas curiosidades sobre os seres do mar.
Moitísmas grazas Vanesa por traer todo o teu coñecemento sobre o mar!! encantoulles

COCIÑAMOS MELINDRES

O venres 10 de marzo tivemos a visita de Fani e Isabel, da empresa Dispravia, S.L. coas que aprendimos a facer melindres.
Primeiro fixemos a masa, despois a cortamos en anacos, bañámolos nunha cobertura de azucre e logo os metimos no forno. Despois cada neno e cada nena fixo a súa etiqueta para pegar na bolsa na que levaban os melindres para a casa.
Moitísimas gracias ás dúas, Fani e Isabel, por adicarnos toda a mañá, os nenos e nenas pasárono en grande.






martes, 14 de marzo de 2017

ENTROIDO PIRATA

    Este ano celebramos un entroido "Pirata".  Gracias á colaboración das familias fixemos unha merenda con postres típicos de estas festa.
Todas e todos xa disfrazados de piratas puidemos disfrutar dun conto que interpretaron a mestra Oliva e a mestra Carmela "O Pirata pata de lata". E para finalizar a xornada bailamos e cantamos todos/as xuntos a canción de "Piratas" de Pablo Díaz.