xoves, 23 de marzo de 2017

VANESA E O MUNDO MARIÑO

Despois de un gran traballo de recolección de distintos seres do mar na praia, este mércores Vanesa (bióloga mariña), a tía de Noa, aparaceu na escola cargada con recipientes de auga salgada con todo tipo de bechos: estrelas de mar, anémonas, cunchas, caracois de mar, lebre de mar, lapas...
Dividimos ao alumnado por grupos de idade, e pudieron ver, tocar, ulir e escoitar moitísimas curiosidades sobre os seres do mar.
Moitísmas grazas Vanesa por traer todo o teu coñecemento sobre o mar!! encantoulles

Ningún comentario:

Publicar un comentario